27.4.12

Entrega de premios de "Matemáticas na música"


O xoves 26 de abril tivo lugar a entrega de premios da terceira edición de "Matemáticas na música". A gañadora foi Sara Rodríguez Ron de 3º de E.S.O. coa canción "La canción del cero", e as finalistas foron Silvia Blanco Yebra de 3º de E.S.O. e Marta Salgado Castelo de 2º de BAC. O xurado quere felicitar a todas, sen esquecer a todos  os que participaron. Cada ano aparecen novas cancións que nos sorprenden polo seu inxenio e creatividade.

A gañadora:

   
As finalistas:

                                                                          
 

26.4.12

3,2,1...comezamos!

Ola, este vai ser o blog do departamento de matemáticas do I.E.S. Xoán Montes, unha ventá aberta aos alumnos e profesores para poder compartir as ideas, actividades, novas... e todo o que se nos ocorra e que estea relacionado co universo matemático.