31.3.14

A Torre Eiffel e as matemáticas

A Torre Eiffel cumpre hoxe 125 anos. Foi construida para a Exposición Universal de 1889 en conmemoración do centenariio da Revolución Francesa. É o monumento máis visitado do mundo.
O que moita xente descoñece é que no zócalo do seu primeiro piso están inscritos os nomes de 72 científicos franceses do século XIX, entre eles 21 matemáticos: Lagrange, Cauchy, Monge, Legendre,...
Ahora que os alumnos de 4º de ESO e de 1º de BAC vades a visitala podedes comprobalo.

Comprobación:  aquí tedes a foto feita por Miguel Burgo de 4ºB. Moitísimas grazas Miguel.

27.3.14

Premio Abel 2014

A Academia Noruega de Ciencias e Letras concedeu este ano o Premio Abel 2014 a Yakov Sinai ( Moscú, 1935), investigador na Universidade de Pricenton e no Instituto Landau de Física Teórica. O comité do premio destaca o amplio e profunco impacto das súas obras en matemáticas e física, así como na interación destos dous campos.

Para saber máis preme aquí .

19.3.14

Rally matemático 2014

Este ano participaron os alumnos de 4º de ESO: Nerea Suárez, Lucía Fernández, Adrián Novo, Álvaro Celeiro, Álvaro Pereira, Alberto Montecelo, Manuel Fernández e Miguel Burgo. Pensaron, deduciron, e demostraron utilizando todo o seu saber matemático. Ao final non gañaron, pero hai que felicitálos polo ben que se desenvolveron na proba e o bo ánimo que demostraron.

8.3.14

8 de marzo, Día da muller

Todos sabemos que na historia da humanidade  as mulleres rara vez aparecen como protagonistas. No mundo da ciencia ocorre o mesmo, en particular nas matemáticas, pero ao longo dos séculos elas tamén participaron no seu desenvolvemento, agochadas e moitas veces ignoradas. Para que vexades aquí tedes algúns exemplos: 
A dia de hoxe as facultades de matemáticas están cheas de rapazas e na presidencia das máis importantes sociedades matemáticas están dúas mulleres:  na Sociedad Matemática Europea está Marta Sanz-Solé e na Unión Matemática Internacional está Ingrid Daubechies.