29.5.15

Graduación das alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato

Cando Yesica me dixo hai dúas semanas que tiña que facer un discurso para a vosa graduación dixenlle que si. Xa pensarei o que digo... e que vou dicir?, pois falar dos momentos que vivimos xuntos ao longo destes anos, desde 3º de ESO que foi cando vos coñecín, aqueles venres inesquecibles nos que quedabamos ata as tres menos cuarto...e os vosos pais esperando. E cando ao final de curso nos despedimos e dixen dunha forma moi cortés "ata setembro saltou Penelas: "pero bueno, para el año nos puede dar otro profesor o profesora?. Eu contesteille que si. Pero en cuarto tamén estaba eu. Conseguistes esquivarme en 1º de bacharelato. Máis, para rematar volvemos a encontarnos es 2º e por riba titora. E aquí estamos, ao fín de moitos teoremas, exercicios, xustificación de faltas, visitas dos pais e nais, algunhas riñas e como non, tamén bromas e moitas risa Cando comencei a traballar costábame moito dicir adiós, os vínculos que se crean, as veces son moi fortes. Non sodes un nome cunhas notas escritas nunha libreta, sodes persoas importantes nas nosas vidas. E o bon é que cada ano chegan novos repostos que non vos sustituen, senón que fan máis grande o noso saber sobre as persoas que temos durante moito tempo a carón de nos. Hace años uo también me fui de este instituto al acabar COU. Quiero para vosotros lo que me pasó a mí: que cuando veáis a un compañero o profesor os lo crucéis con una sonrisa en los labios y un cosquilleo en el corazón. Os deseo suerte, que lo nuevo que viene lo vivais con la ilusión que hoy tenéis. Este, siempre será vuestro insti.

25.5.15

Míster cuadrado

Autora: 
Anna Cerasoli, de nacionalidad italiana, lleva aproximadamente veinte años impartiendo clases de matemáticas en la ESO. Es autora de numerosos manuales sobre la materia y decidió recurrir a la ficción con la esperanzqa de presentar las matemáticas como algo divertido, emocionante y directamente relacionado con el mundo que nos rodea."Los diez magníficos", "La sorpresa de los números" y "Mister Cuadrado" han sido sus libros más destacados.
 Resumen: 
Filo y su abuelo mantienen largas conversaciones sobre esta figura perfecta del cuadrado. Ahora Filo es más grande que en el libro "La sopresa de los números" y plantea preguntas y posibles respuestas mas coherentes hacia su abuelo, que para el siempre ha sido una persona muy inteligente. Filo desubre los misterios que encierran las matemáticas. El abuelo, despertando la curiosidad y la creatividad de su nieto, lo invita a un viaje fascinante a través del mundo del conocimiento matemático que resultará tan apasionante como una vuelta al mundo, ya que desde muy pequeño despertó en Filo su interés y sabiduría por las matemáticas.
 Opinión del grupo:
 Les gusto mucho más que el de "La sorpresa de los números". Todos quedaron encantados con el libro y solo hubo buenos comentarios.
Raquel Florentino, 4º ESO

22.5.15

Clausura do club de lectura


Hoxe rematamos esta nova experiencia, penso que moi positiva. Parecía ao primeiro que non iba a ser doado poñervos a ler matemáticas. A verdade, hai que recoñecervos a ilusión e o esforzo.Así que o último dia entre "napolitanas", "croisants" e bombons ainda tivemos tempo de facer unha votación para ver o que máis vos gustara. A clasificación é:
                                -"El asesinato del profesor de matemáticas"
                                -"2044"
                                -"Míster cuadrado"
                                -"Universo Pitágoras"
                                -"La sorpresa de los números"
                                -"La tripulación del pánico"
Espero que durante o verán teredes un ratiño para seguir. Eso si, espérovos para o próximo curso.

13.5.15

ARTE E MATEMÁTICAS

Onde son visibles as matemáticas?. Unha pregunta que moitas veces nos facedes aos profesores de matemáticas, pois unha das múltiples respostas é a exposición que en colaboración coa biblioteca vos mostramos.A través dunha serie de obras artísticas pasamos a "destripar" unha serie de conceptos matemáticos.
A presentación faise coa "Melancolía" de Durero onde aparecen unha seríe de figuras matemáticas e un cadrado máxico moi particular. A continuación vemos a aproximación do número π, como está nas pirámidese do mesmo xeito que nelas encontramos o número Φ. Facemos un seguimento de dito números na arte precolombina e gótica, no renacimento e ata chegar aos nosos días; tamén vemos a suá persenza no deseño de logotipos.
Vemos o pentágono de Pitágoras as teselacións árabes como formas de puzzles xeométricos e a súa influenza en Escher, a construcción de fractais...
Ao finalizar vemos como as curvas, rectas e outros elementos xeométricos aparecen en moitas creacións artísticas.
Esperamos que vos interese.

Moitas grazas a Mariluz pola presentación.

12.5.15

Citas matemáticas

Cando comenza o curso sempre explico aos meus alumnos o significado do término matemáticas , μαθηματικά: “o que pode ser aprendido”. Penso que é o máis ilustrativo para que vexan que o que vamos a tratar non é un mundo escuro e sinistro poboado de fraccións, polígonos, polinomios e do temido cero. Tamén insisto en que as matemáticas están presentes en todo o que nos rodea: a arte, a música e no maís elemental da vida cotiá. Os alumnos sorpréndense de que de matemáticas pódese falar e de que hai moitas sentencias de xente importante acerca delas. Están afeitos a que nos exames apareza unha cita referente á materia que estamos tratando e que adoitan ler con curiosidade. Este ano para celebrar o Día escolar das matemáticas, 12 de maio, propuxenlles aos alumnos de primeiro de bacharelato de ciencias facer unha exposición de carteis con citas referentes as matemáticas e nos que debería figurar unha pequeña reseña do personaxe que a fixera. O resultado está a vista, é un traballo soberbio feito con orixinalidade, creatividade e moita ilusión.
 Moitas grazas a todos.
                 

Adiviña quen son...2015

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 2º ciclo de ESO e de bacharelato do IES Xoán Montes no ano escolar 2014/2015.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben resolvelo desde esta páxina.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre no que deberá figurar fóra os datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase ao seu profesor/a de matemáticas. Se se prefire pódense enviar ao correo electrónico do departamento.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 4 de xuño de 2015.
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas.
 O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño.O xurado pode declarar o premio deserto.

Adiviña, adiviña...2015

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 1º ciclo de ESO do IES Xoán Montes no ano escolar 2014/2015.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben resolvelo desde esta páxina.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre  no que deberá figurar fóra os datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase ao seu  profesor/a  de matemáticas. Se se prefire podénse enviar ao  correo eléctrónico do departamento.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 4 de xuño   de 2015.
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas.
 O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño. O xurado pode declarar o premio deserto.

5.5.15

Gañadora na XVII Olimpíada Matemática





Valentyna Mulik é unha das tres alumnas gañadoras na fase de zona, correspondente a provincia de Lugo, na olimpíada deste ano. Parabéns de parte dos teus compañeiros e do Departamento de matemáticas
O día 21 de maio participará na final galega que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo na que estarán presentes alumnos de toda Galicia.


Moita sorte.

3.5.15

Os Simpson e as matemáticas



Cada vez son máis as series e películas nos que aparecen científicos como protagonistas e nos que a ciencia ten peso no argumento como son "The Big Bang Theory"e "The Imitation Game".
Achégovos este artigo aparecido no diario "El País" no que se analizan conceptos matemáticos que aparecen na serie de televisión "Los Simpson".

Espero que o disfrutedes.

1.5.15

Números imaxinarios

Este é o video co que Ana Saldaña e Andrea Rodríguez de 1º de bacharelato participan no concurso "Explicoche matemáticas 2.0", convocado pola Facultada de Matemáticas da USC e pola Funcadión Barrié. Moita sorte.