24.5.12

Números

Os números están asociados á nosa vida sen remedio: data de nacemento, D.N.I., N.I.F., número da casa e piso no que vivimos, número do noso expediente escolar...ata a data da nosa morte. Todos nos identifican.
En matemáticas existen números primos, amigos, perfectos, deficientes, sociables, felices,...se non sabes o que son pincha aquí.
Tamén case todos temos un número favorito, como Sheldon Cooper:

Cal é o teu? Qué che parece o que menciona Raj?.
                                                                  
12.5.12

12 de maio: Día escolar das matemáticas

O "Dia escolar las matemáticas" celébrase o 12 de maio en honor de Pedro Puig Adam, que naceu en tal día coma hoxe no ano 1900. Este ano está dedicado á relación entre matemáticas e economía.
Neste fragmento da película "Una mente maravillosa" o matemático John Nash, premio Nobel de econonomía no ano 1994, espón unha das súas teorías económicas:
Para saber máis pincha no blog do Departamento de Economía, €-cononmízat
Tamén podedes ver o vídeo da conferencia de Vicente Liern, catedrático de Economía Financieira da Universitat de Valencia: Matemáticas e economia. Ventaxas da cooperación.
                                                                            
3.5.12

Bases do concurso "Adiviña quen son", 2012

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas sobre matemáticos, dacordo coas seguintes bases:
1-Os participantes deben ser alumnos de 2º ciclo de ESO ou BACHARELATO do IES Xoán Montes no ano escolar 2011/20112.
2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
3-O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben descargalo desde este blog (nesta mesma anotación ou no menú lateral).
4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o nome do concurso. Dentro deste sobre grande ademais introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
5- O prazo de admisión pecharase o día 30 de maio de 2012.
6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de matemáticas. O fallo será inapelable e emitirase o día 10 de xuño. O xurado pode declarar o premio deserto.
PREMIO: ?

Bases do concurso "Adiviña, adiviña...", 2012

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas  do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
1-Os participantes deben ser alumnos de 1º ciclo de ESO do IES Xoán Montes no ano escolar 2011/2012.
2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben descargalo desta mesma anotación.