10.5.17

Adiviña quen son...2017

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 2º ciclo de ESO ou de bacharelato do IES Xoán Montes no ano escolar 2016/2017.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben resolvelo desde esta páxina.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre no que deberá figurar fóra os datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase ao seu profesor/a de matemáticas. Se se prefire pódense enviar ao correo electrónico do departamento.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 3 de xuño de 2017.
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas.
 O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño.
O xurado pode declarar o premio deserto.

Adiviña, adiviña...2017

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 1º ciclo de ESO do IES Xoán Montes no ano escolar 2016/2017.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben resolvelo desde esta páxina.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre  no que deberá figurar fóra os datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase ao seu  profesor/a  de matemáticas. Se se prefire podese enviar ao  correo eléctrónico do departamento.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 4 de xuño   de 2017
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas.
O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño.
 O xurado pode declarar o premio deserto .

27.4.17

XIX Olimpíada matemática galega

Este ano participan os alumnos de 2º da ESO : Alberto, Sara, Yasmine, Niulka e Alberto Lin.
Compiten hoxe con alumnos da provincia de Lugo na fase de zona que ten lugar no Circulo das Artes. Moita sorte rapaces.
Para saber máis, pincha aquí.

25.4.17

"Explícoche matemáticas 2.0". Edición 2017

Este ano participa en "Explícoche matemáticas 2.0" Enrique Peñalver Desquit de 3º B. O seu vídeo explica como mediu a Terra Eratóstenes.

Noraboa Enrique polo estupendo traballo, e moita sorte no concurso