1.9.16

Café e teoremas

¿Cuántos giros puedes dar en 1,5 segundos?


Deíxovos aquí o enlace a esta sección do diario "El País" no que se publican novas relacionadas coas matemáticas.  http://elpais.com/agr/cafe_y_teoremas/a/

26.6.16

Clubes de lectura


Rematamos os dous clubes de lectura nos que participastes este ano. Entre risas e pasteis fixemos a clasificación dos  libros que máis vos gustaron.
No primeiro ciclo da ESO foi "Universo Pitágoras".
E no segundo ciclo de ESO e Bacherelato foi "Los crímenes de Oxford".
Vémonos no vindeiro curso. Bo verán
E tamén para o recordo a viaxe que fixemos por terras de Mondoñedo e da Mariña lucense.

16.6.16

Gañadoras dos concursos das adiviñas

María Fenández Vilariño de 1º de ESO e Andrea Miragaya  de  4º de ESO.
Parabens a todos os que participaron e especialmente as gañadoras.

27.5.16

Graduación dos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato


Onte cando comencei a escribir busquei a libreta de cando vos coñecí en 2º da ESO, erades uns nenos e nenas faladores e curiosos e algún había un pouco protestón.
Volvin a encontrarvos en 4º xa convertidos en adolescentes, unha época ás veces confictiva pero non o foi no  voso caso na relación comigo nin coas matemáticas (salvo algún catro, que  houbo que mellorar no Nadal).
En 1º de bacharelato chegaron novas caras procedentes doutros centros. Un remexe de xente nova que encaixou perfectamente. Sempre estabades dispostos a traballar nas propostas que vos facía. Foi un dos mellores grupos de todos estes anos.
E por fín 2º de bacharelato, ... xa sei que para algúns foi duro e dificil como me decíades o día da avalliación final. Para mín as veces tamén, non vaiades a pensar que os profesores saímos sempre indemnes.
Todos estos años os hemos acompañado profesores y padres, os hemos reñido, corregido y también mimado.... y hoy estamos aquí para celebrar vuestro éxito.
Habeis crecido en  tamaño y conocimiento y lo más importante es que lo habeis hecho como seres humanos. Ayer me preguntabais si os iba a echar de menos, pues claro que si.
Os esperan los años de consolidación de lo que empezasteis aquí, fuera están la alegría, la independencia de veros mayores y también las dificultades que no debeis ver como algo negativo. Teneis que verlo como un desafío...que es el de vuestro futuro, y en definitiva  el de vuetra vida en esa universidad que es el mundo que está ahi fuera.
Para terminar, lo voy a hacer con una cita que ya conoceis:
"Caballeros, debo recordarles que, mis posibilidades de éxito aumentan en cada nuevo intentoª
                                                                                                        John Nash
Buena suerte y hasta siempre.

9.5.16

Adiviña, adiviña...2016

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 1º ciclo de ESO do IES Xoán Montes no ano escolar 2015/2016.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben resolvelo desde esta páxina.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre  no que deberá figurar fóra os datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase ao seu  profesor/a  de matemáticas. Se se prefire podénse enviar ao  correo eléctrónico do departamento.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 4 de xuño   de 2016
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas.

 O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño. O xurado pode declarar o premio deserto .