11.12.12

Matemáticas na música (4ª edición)

O Departamento de matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2012/2013
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
  • I) A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
  • II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán valorarase a calidade da tradución).
  • III) O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 1 de febreiro de 2013
4- O xurado estará composto polos profesores do departamento. O fallo será inapelable e emitirase o 1 de marzo. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora e todas as finalistas publicaránse na páxina do departamento de matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas das edicións anteriores.
PREMIO: A elexir
Para ver as cancións finalistas de edicións anteriores podes mirar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario