19.11.14

Medallas Field




Este ano o Congreso Internacional de Matemáticas (ICM) outorgou as Medallas Fields entre o 13 e o 21 de agosto en Seúl (Corea), onde se premiou ós matemáticos máis brillantes e sobresaíntes, polos seus logros matemáticos, dos últimos catro anos.
As Medallas Fields son o maior galardón que concede a Unión Matemática Internacional, as cales, outórganse cada catro anos a aquelas persoas que destacan na súa área, recoñecendo así o seu logro sobresaínte nas matemáticas. Este é un premio que se concede debido a escasez e a privación do Premio Nobel das Matemáticas.
Inicialmente as medallas outorgadas en recoñecemento a labor matemática, eran dous, pero en 1966 aumentouse o número a catro debido a expansión na investigación matemática.
Este galardón so o poden lograr os matemáticos cunha idade inferior a 40 anos, xa que preténdese animar e estimular a estes a futuros logros. Os galardoados coas Medallas Fields 2014 teñen descubrimentos que algunhas persoas calificarían como monumentais, sendo difícil encontrar un resultado único, que brille sobre todos os demais.
Dita gratificación ten como obxetivo proporcionar un foro no que poder debater os logros matemáticos e encontrar máis maneiras de potenciar o ámbito académico respecto ás matemáticas.
Os premiados neste ano foron: Manjul Bhargava, profesor na Universidade de Princeton, en Estados Unidos; Martin Hairer, profesor da Universidade británica de Warwick; o brasileño Artur Ávila, o primeiro latino americano en conquistar o premio e a iraní Maryam Mirzakhani, profesora da Universidade estadounidense de Standford.
Maryam Mirzakhani foi a primeira muller na historia que recibiu este galardón dende que foi volto a instaurar en 1936, e tamén é a primeira iraní a que llo outorgan, polos seus impresionantes avances na dinámica e na xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos modulares.


 Fontes de información:

Lucía Vilela e Ana Paderne. 1ºBAC-A

No hay comentarios:

Publicar un comentario