Hoxe asistimos á conferencia da profesora do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC Rosa Crujeiras.
E… que é a estatística? A estatística é unha rama das matemáticas que axuda
as ciencias a extraer información, que está presente na nosa vida cotiá.
·
Que é o que fan as estatísticas?
‘Cociñan’ os datos para explicar o que pasou, explicar e
describir o que acontece e incluso predicir o futuro.
Para iso necesitamos bos datos e fiables e modelos e
técnicas estatísticas.
Un tipo de estatística é a descritiva, a cal consiste na
descrición numérica e gráfica dos datos.
·
Os gráficos de burbullas
Para realizar un gráfico de burbullas, precisamos separar
as variables que nos interesan, situar ditas variables numéricas en dous eixos
e marcar puntos, dar diferentes cores aos círculos y facelos máis grandes ou
máis pequenos para poder distinguilos mellor do resto: https://support.office.com/es-ar/article/Presentar-los-datos-en-un-gr%C3%A1fico-de-burbuja-424d7bda-93e8-4983-9b51-c766f3e330d9?ui=es-ES&rs=es-AR&ad=AR
·
Outro termo que nos explicou foi a inferenza estatística, que consiste en
extraer conclusións dos datos previamente recollidos e fiables.
·
Exemplos
Púxonos moitos exemplos curiosos, o do reconto dos
apelidos en Galicia, e resulta ser que os máis frecuentes son os acabados en
–ez (Rodríguez, López, Fernández…). Outros apelidos como Castro e Arias son
propios de determinadas zonas e resulta raro que se dean en puntos distintos
aos da súa
orixe por dicilo así .http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=es&ruta=onomast/apeconc.jsp
Outro exemplo que nos proporcionou foron datos sobre os
incendios no ártico, e explicounos que
sacaban toda esa información de
satélites da NASA, e que como é algo obvio, ditos inncedios xeran proas na
ablemtmosfera a causa do CO₂.
Tras isto, formulounos unha
pregunta:
Que utilidade lle poden sacar
os científicos ao musgo? Descubriunos que é un fantástico biomedidor, que nos
axuda a obter datos.
·
Relación da estatística en
distintos campos:
Como sería o mundo sen
estatística?
Non saberiamos como vestirnos
porque nos faltarían as predicións meteorolóxicas, os seguros non serían o
mesmo...
Resumidamente, podemos concluír
dicindo que a estatística reduce a números para que poidamos entender todo
dunha forma máis sinxela.
Andrea Rodríguez, 1ºbac.A
No hay comentarios:
Publicar un comentario