A medición do mundo conta a historia de dous personaxes moi relevantes para a historiada ciencia. Un é Gauss, matemático e astrónomo e o outro e Humboldt, explorador, botánico e topólogo.
O libro transcurre de maneira intermitente, contando de maneira moi detallada as vivencias de cada un (sobre todo as viaxes de Humboldt polo mundo) para despois nos capítulos finais, que os dous se coñezan e establezan unha relación entre eles.
Na historia destes dous personaxes hai un bo contido histórico e biográfico pero tamén existe unha trama que mantén a atención do lector, conseguindo incluso contar de maneira amena termos matemáticos.
Na miña opinión é un bo libro, porque retrata moi ben as personalidades tanto de Gauss e Humboldt como dos demais personaxes secundarios. Ademais o autor é quen de transmitir unhas sensacións moi particulares na narración desvelando en ocasións as peores cousas das que somos capaces os humanos. Por todo isto creo que é un libro recomendable, sobre todo para aqueles que queiran aprender un pouco de ciencia e historia a través dunha trama.
Enrique Peñalver Dequidt 4º ESO-B
No hay comentarios:
Publicar un comentario