Esta parodia dos premios Nobel da Academia Sueca son entregados pola revista de humor científico "Annals of Improbable Research". Este ano os premios foron acadados por experimentos e investigacións tan chamativas como demostrar que os borrachos vense máis guapos, comprobar que ratos trasplantados de corazón viven máis se escoitan ópera de Verdi e Mozart ou o estudo da enzima que fai que as cebolas nos fagan chorar. Os premios entréganse nunha ceremonia que se celebra na Universidade de Harvard (Massachusett, EEUU) e fan entrega deles verdadeiros premios Nobel.
Os gañadores das dez categorías deben cumprir o principal requisito que é facer rir, así como facer pensar e fomentar a investigación e o interés pola ciencia.
Para saber máis pincha aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario