10.11.13

Exposición "Ano Internacional da Estatística"

A estatística que comenzou como un instrumento do estado par facer censos de poboación, recaudar impostos, reclutamento de homes para ir a guerra...evolucionou ata o que coñecemos a día de hoxe, que é a ciencia que se encarga da recollida de datos, tratamento e representación dos mesmos para obter conclusións e nalgúns casos facer proxeccións de futuro. Nestes días faremos en clase de matemáticas un pequeno repaso á súa historia e protagonistas, veremos como se fan as estatísticas e a súa utilidade.
E tamén temos no instituto a exposición de carteis elaborados polo profesor da Universidade Politécnica de Cartagena Mathieu Kessler para celebrar o Ano Inernacional da Estatística. Como ben podedes ver neles está a resposta á vosa pregunta..."e esto para que serve?" 
Moitísismas grazas Mathieu pola túa colaboración e xenerosidade.


Deixovos aquí o enlace aos vídeos que utilizamos na clase:
Como se realizan estatísticas
Se España fora un país de 100 habitantes
A estatística e as audiencias
As estatísticas e o recoñecemento de voz nos smartphones
Un día en cifras
IPC
Proxeccións de poboación
Tamén podes xogar e curiosear en cantos somos e en nomes e apelidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario