A realización dos primeiros estudos demográficos non se concretou ata a segunda metade do século XVII. Os traballos máis importantes durante este período foron realizados en Europa e entre eles destaca o estudo
do inglés John Graunt, quen analizando os rexistros parroquiais de bautismo e de defuncións cuantificou diversos fenómenos demográficos, como a natalidade ou a mortalidade, asi como o tamaño da poboación de Londres e o número de mulleres de idade fértil.
John Graunt naceu en Londres o 24 de abril de 1620 e morreu na mesma cidadeo 18 de abril de 1674 de ictericia onde se atopa soterrado na igrexa de St. Dunstan. É considerado como o primeiro demógrafo, o fundador da bioestadística e precursor da epidemioloxía (ciencia que estuda a distribución, desenrolo e control das diferentes enfermidades). Foi mercero e comerciante de texidos, axeno ao mundo científico,nainda que puido acceder aos boletins de mortalidade de Londres, nos que basou as suas investigacións demográficas e estadísticas realizando un traballo a partir das táboas de mortalidade.
Desenvolveu os primeiros censos estadísticos co seu discípulo William Petty. Os métodos que empregaron serviron máis tarde de marco para a demografía moderna. En 1662 John Graunt escribiu o libro titulado “Natural and Political Observations made upon the Bills of Mortality” do que os “Bills of Morality” foron a materia prima para as investigacións de Graunt nas que portaban datos semanais cada martes sobre as mortes rexistradas nas parroquias de Londres.
Aparte das taxas de mortalidade, intentaba crear un sistema que avisaba da aparición e a propagación da peste bubónica. Nel deuse a primeira estadística da poboación en Londres. O traballo impresionou tanto a Carlos III que propuxo a Graunt como socio fundador da recientemente creada “Royal Society”. A obra acadou varias edicións e Graunt nunca foi consciente da importancia que tivo.
Fontes e referencias:
● http://www.buscabiografias.com/bios/
● http://100ciaquimica.net/
● Gacetilla matemática
●http://blogs.unir.net/
● Enciclopedia Planeta
Ana Saldaña de la Barrera, 4º de ESO

No hay comentarios:
Publicar un comentario