15.12.13

Matemáticas na música (5ª edición)


O Departamento de matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2013/2014
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
  • I) A canción presentarase indicando o enlace de internet, goear.com, youtube, etc.
  • II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán valorarase a calidade da tradución).
  • III) O material que figura nos dous puntos anteriores enviarase nun correo á direción electrónica do departamento, e  no mesmo deberán figurar os datos do participante..
3- O prazo de admisión pecharase o 1 de febreiro de 2014.
4- O xurado estará composto polos profesores do departamento. O fallo será inapelable e emitirase o 1 de marzo. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora e todas as finalistas publicaránse na páxina do departamento de matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas das edicións anteriores.
PREMIO: A elexir
Para ver as cancións finalistas de edicións anteriores podes mirar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario