13.5.15

ARTE E MATEMÁTICAS

Onde son visibles as matemáticas?. Unha pregunta que moitas veces nos facedes aos profesores de matemáticas, pois unha das múltiples respostas é a exposición que en colaboración coa biblioteca vos mostramos.A través dunha serie de obras artísticas pasamos a "destripar" unha serie de conceptos matemáticos.
A presentación faise coa "Melancolía" de Durero onde aparecen unha seríe de figuras matemáticas e un cadrado máxico moi particular. A continuación vemos a aproximación do número π, como está nas pirámidese do mesmo xeito que nelas encontramos o número Φ. Facemos un seguimento de dito números na arte precolombina e gótica, no renacimento e ata chegar aos nosos días; tamén vemos a suá persenza no deseño de logotipos.
Vemos o pentágono de Pitágoras as teselacións árabes como formas de puzzles xeométricos e a súa influenza en Escher, a construcción de fractais...
Ao finalizar vemos como as curvas, rectas e outros elementos xeométricos aparecen en moitas creacións artísticas.
Esperamos que vos interese.

Moitas grazas a Mariluz pola presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario