29.5.15

Graduación das alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato

Cando Yesica me dixo hai dúas semanas que tiña que facer un discurso para a vosa graduación dixenlle que si. Xa pensarei o que digo... e que vou dicir?, pois falar dos momentos que vivimos xuntos ao longo destes anos, desde 3º de ESO que foi cando vos coñecín, aqueles venres inesquecibles nos que quedabamos ata as tres menos cuarto...e os vosos pais esperando. E cando ao final de curso nos despedimos e dixen dunha forma moi cortés "ata setembro saltou Penelas: "pero bueno, para el año nos puede dar otro profesor o profesora?. Eu contesteille que si. Pero en cuarto tamén estaba eu. Conseguistes esquivarme en 1º de bacharelato. Máis, para rematar volvemos a encontarnos es 2º e por riba titora. E aquí estamos, ao fín de moitos teoremas, exercicios, xustificación de faltas, visitas dos pais e nais, algunhas riñas e como non, tamén bromas e moitas risa Cando comencei a traballar costábame moito dicir adiós, os vínculos que se crean, as veces son moi fortes. Non sodes un nome cunhas notas escritas nunha libreta, sodes persoas importantes nas nosas vidas. E o bon é que cada ano chegan novos repostos que non vos sustituen, senón que fan máis grande o noso saber sobre as persoas que temos durante moito tempo a carón de nos. Hace años uo también me fui de este instituto al acabar COU. Quiero para vosotros lo que me pasó a mí: que cuando veáis a un compañero o profesor os lo crucéis con una sonrisa en los labios y un cosquilleo en el corazón. Os deseo suerte, que lo nuevo que viene lo vivais con la ilusión que hoy tenéis. Este, siempre será vuestro insti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario