29.5.13

Despedida dos alumnos de 2º de BAC

Sempre digo que a vida no é só o que nos vai pasando, senon que o máis importante son as persoas coas que nos vamos atopando polo camiño. Unhas poucas pasan pero outras quédanse para sempre, aínda que non as vexamos teñen un rinconciño alugado na nosa memoria. Despois de seis anos case non vos pillo, pero ao final tiven a gran sorte de vos coñecer nese parque polo que pasean Bolzano, Rolle, L´Hopital... e tantos outros que coñecestes este ano. Xa sei que algunha vez fun un  pouco tediosa, veña límites, derivadas, integrales, planos e rectas. Moitas grazas pola vosa antención ao escoitarme e sobre todo pola amabilidade dos vosos sorrisos.
Desexovos moita sorte, merecédela toda.
Teresa.



13.5.13

Bases do concurso "Adiviña, adiviña...",2013

Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas, de acordo as seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 1º ciclo de ESO do IES Xoán Montes no ano escolar 2012/2013.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas.
 3- O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben imprimilo desta mesma anotación.
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o nome do concurso. Dentro deste sobre grande ademais introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría. 
 5- O prazo de admisión pecharase o día 7 de junio de 2013.
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de matemáticas. O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño. O xurado pode declarar o premio deserto.
 PREMIO: A elexir

Bases do concurso "Adiviña quen son", 2013



Con motivo da celebración o día 12 de maio como Día escolar das Matemáticas o Departamento de Matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para resolver un boletín de adiviñas sobre matemáticos, dacordo coas seguintes bases:
 1-Os participantes deben ser alumnos de 2º ciclo de ESO ou BACHARELATO do IES Xoán Montes no ano escolar 2012/20113.
 2- Os participantes resolverán o maior número posible das adiviñas propostas. 
3-O boletín de participación pódese solicitar aos profesores de matemáticas correspondentes, ou ben imprimilo desde este blog (nesta mesma anotación ou no menú lateral).
 4- A solución das adiviñas introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o nome do concurso. Dentro deste sobre grande ademais introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
 5- O prazo de admisión pecharase o día 7 de xuño de 2013.
 6- O xurado estará composto polos membros do Departamento de matemáticas. O fallo será inapelable e emitirase o día 14 de xuño. O xurado pode declarar o premio deserto. 
PREMIO:A elexir polo gañador.

12.5.13

12 de maio, Día escolar das matemáticas


Como cada ano por este día celebramos o Día escolar das matemáticas. O tema deste ano é a xestión dos recursos hídricos co título Hydria-Matemáticas: Midiendo nuestras huellas.
Toda a información está na páxina da FESPM .
E aquí tedes o enlace á conferencia dirixida a alumnos de secundaria:
"La aplicación de las matemáticas a la correcta gestión del agua", impartida por Domingo Baeza Sanz, biólogo e enxeñeiro.
¿Sabes cal é o impacto de teu estilo de vida sobre o noso planeta?:


¿Cual es tu huella hidrica? from Omar_vg on Vimeo.

7.5.13

Finalista XV Olimpíada Matemática Galega


Parabens a María Castro Permuy de 2ºA de ESO que acaba de quedar finalista na olimpíada de matemáticas. Clasificouse para asistir a fase galega que terá lugar en Vigo o vindeiro 24 de maio.

E como non podía ser doutra maneira, non esquecemos a súa profesora Pilar Vieites que algo tería que ver.
Para ver os resultados: AGAPEMA