24.4.14

Olimpíada matemática de 2º de ESO


Hoxe tivo lugar no noso centro a fase de zona da olimpíada matemática de 2º de ESO. Este ano participaron 35 alumnos de dez centros da provincia de Lugo. Os tres mellores irán á final no mes de maio a Vigo e depois á final nacional que será en Barcelona no mes de xuño. Polo noso centro participaron Marina, Andrea, Daniel e Samuel. 
Moitas grazas a todos e moita sorte.
Para consultar os resultados pincha en agapema, saberémolos o 9 de maio.

15.4.14

Emma Castelnuovo (1913-2014)


Emma Castelnuovo, profesora e matemática italiana, naceu en Roma o 12 de decembro de 1913 e morreu na misma cidade o 13 de abril de 2014. Seu pai foi o tamén matemático Guido Castelnuovo.
Emma non foi unha investigadora en ciencias puras senón que fixo significativas contribucións a esta materia , en particular á xeometría euclidiana.
Graduouse en matemáticas en 1936 cunha tesis sobre xeometría alxebraica, e comenzou a traballar como bibliotecaria no Instituto de Matemáticas da Universidade de Roma, que agora leva o nome do seu pai. En agosto de 1938 foi nombrada profesora da escola secundaria pero, ao ser de relixión xudea uns días despois foi suspendida de servizo a causa das leis raciais. De 1939 a 1943 ensinou na Escola Isrraelita. En 1943 a familia escapou das redadas nazis.
En 1945 recuperou a súa praza de profesora, sempre quixo dar clase a alumnos de secudaria. Emma publica en 1949 o seu primeiro libro "Geometría Intuitiva" onde desenvolve uns métodos moi novedosos e distintos dos da época, como se pode observar no seguinte fragmento:
"...o obxectivo principal do curso de xeometria intuitiva é o de suscitar, a través da observación de miles de feitos da técnica, da arte e da natureza, o interés do alumno  polas propiedades fundamentais das figuras xeométricas e con esto o gusto e entusiasmo pola investigación. E este gusto non pode nacer, na miña opinión, se non é facendo participar  ao alumno no proceso creativo..."
Toda a súa vida estivo dedicada a ensinanza e á investigación didáctica.
Estivo varias veces en España participando en encontros con profesores, unha delas foi en Lugo no ano 1999 impartindo unha conferencia nas Xornadas de Aprendizaxe e Ensinanza das Matemática.
Sempre fomentou que os seus estudantes tiveran que pensar por si mesmos e ser creativos, tarea que acadou con creces.
Fontes:
http://www.smpm.es
http://www.elmundo.es
http://platea.pntic.mec.es
Blog: Historias de mujeres matemáticas.
http://it.wikipedia.org/Emma Castelnuovo

Lucía Fernández Vilela, Sandra Méndez Martínez e Adrián Novo Luis. 4º de ESO