16.9.13

Premios Ig Nobel 2013

Esta parodia dos premios Nobel da Academia Sueca son entregados pola revista de humor científico "Annals of Improbable Research". Este ano os premios foron  acadados por experimentos e investigacións tan chamativas como demostrar que os borrachos vense máis guapos, comprobar que ratos trasplantados de corazón viven máis se escoitan ópera de Verdi e Mozart ou  o estudo da enzima que fai que as cebolas nos fagan chorar. Os premios entréganse nunha ceremonia que se celebra na Universidade de Harvard  (Massachusett, EEUU)  e fan entrega deles verdadeiros premios Nobel.
Os gañadores das dez categorías deben cumprir o principal requisito que é facer rir, así como facer pensar e fomentar a investigación e o interés pola ciencia. 
Para saber máis pincha aquí