29.5.13

Despedida dos alumnos de 2º de BAC

Sempre digo que a vida no é só o que nos vai pasando, senon que o máis importante son as persoas coas que nos vamos atopando polo camiño. Unhas poucas pasan pero outras quédanse para sempre, aínda que non as vexamos teñen un rinconciño alugado na nosa memoria. Despois de seis anos case non vos pillo, pero ao final tiven a gran sorte de vos coñecer nese parque polo que pasean Bolzano, Rolle, L´Hopital... e tantos outros que coñecestes este ano. Xa sei que algunha vez fun un  pouco tediosa, veña límites, derivadas, integrales, planos e rectas. Moitas grazas pola vosa antención ao escoitarme e sobre todo pola amabilidade dos vosos sorrisos.
Desexovos moita sorte, merecédela toda.
Teresa.



1 comentario:

  1. Nós tampouco esqueceremos ás persoas que nos acompañaron durante este longo camiño. Grazas por ser unha boa mestra, pero sobre todo unha boa persoa.
    Os nosos mellores desexos para ti!!

    ResponderEliminar