7.11.13

Florence Nightingale

Florence Nightingale ( Florencia  1820,  Londres  1910) foi unha enfermeira, escritora e estatística británica, considerada unha das pioneiras da enfermería moderna.  
Destacou desde moi nova no campo das matemáticas e aplicou os seus coñecementos de estatística á epidemioloxía e a estatística sanitaria. Foi unha innovadora na recoleción, tabulación, interpretación e presentación gráfica das estatísticas descripitvas. Mostrou como a estatística proporciona un marco de organización para controlar e aprender, e pode levar a mellorar as prácticas quirúrxicas e médicas.
Como enfermeira na guerra de Crimea pudo comprobar que falecían dez veces máis soldados de enfermidades coma o tifus, cólera e disentería que polas feridas no campo de batalla. As súas observacións as representaba utlizando, entre outros, os gráficos circulares.
En 1859 foi elexida coma a primeira muller membro da Royal Statistical Society e máis tarde sería elexida membro honorario da America Statistical Association.

Fontes:
http://es.wikipedia.org/wiki/Florence_Nightingale
http://www.agnesscott.edu/lriddle/women/alpha.htm
http://www.victorianweb.org/history/crimea/florrie.html
http://www.cientec.or.cr/
http://www.biografiasyvidas.com/
Manuel Fernández Veiga, e Adrián Novo Luis, 4º de ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario