12.5.15

Citas matemáticas

Cando comenza o curso sempre explico aos meus alumnos o significado do término matemáticas , μαθηματικά: “o que pode ser aprendido”. Penso que é o máis ilustrativo para que vexan que o que vamos a tratar non é un mundo escuro e sinistro poboado de fraccións, polígonos, polinomios e do temido cero. Tamén insisto en que as matemáticas están presentes en todo o que nos rodea: a arte, a música e no maís elemental da vida cotiá. Os alumnos sorpréndense de que de matemáticas pódese falar e de que hai moitas sentencias de xente importante acerca delas. Están afeitos a que nos exames apareza unha cita referente á materia que estamos tratando e que adoitan ler con curiosidade. Este ano para celebrar o Día escolar das matemáticas, 12 de maio, propuxenlles aos alumnos de primeiro de bacharelato de ciencias facer unha exposición de carteis con citas referentes as matemáticas e nos que debería figurar unha pequeña reseña do personaxe que a fixera. O resultado está a vista, é un traballo soberbio feito con orixinalidade, creatividade e moita ilusión.
 Moitas grazas a todos.
                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario